KULTURGO! & KULTURPLAY!
As posibilidades dunha gran plataforma turística e patrimonial, pensadas para destinos pequenos e medianos, territorios dispersos e proxectos de escala local.
As posibilidades dunha gran plataforma turística e patrimonial, pensadas para destinos pequenos e medianos, territorios dispersos e proxectos de escala local.
Todo o teu contido turístico e patrimonial nunha única plataforma pensada para o visitante.
Xestiona rutas, espazos exteriores e interiores, puntos de interese, contidos multimedia e 3D interactivos, e crea experiencias dixitais combinándoos segundo as necesidades de cada proxecto.
Amplía KulturGO! ao teu ritmo, incorporando novos contidos, funcionalidades e experiencias cando o necesites.

Desde 1.800 € con toda a base incluída.
KulturGO! conecta patrimonio, paisaxes e localidades nun mesmo relato, transformando camiños, contornos urbanos e cascos históricos en espazos interpretativos.
Funciona con GPS e puntos de interese que se activan ao achegarse, permitindo mostrar escenarios desaparecidos ou dar vida a historias e momentos clave do territorio.
Unha forma sostible de crear novas experiencias vivas e de conectar recursos que, en ocasións, quedan separados.
KulturGO! conecta patrimonio, paisaxes e localidades nun mesmo relato, transformando camiños, contornos urbanos e cascos históricos en espazos interpretativos.
Funciona con GPS, permitindo mostrar escenarios desaparecidos ou dar vida a historias e momentos clave do territorio.
Unha forma sostible de crear novas experiencias vivas e de conectar recursos.
Con KulturGO! podes engadir novas capas de contido dixital sen soportes nin infraestruturas.
Amplía a historia de cada peza con audioguías, fotos, vídeos, realidade aumentada, recreacións 3D ou pequenas interaccións que enriquecen a visita.
E ademais, crea novos puntos de interese e itinerarios relacionados no contorno do museo para expandir a experiencia máis alá dos seus muros.

O patrimonio cobra vida con contidos visuais que contan o que non se pode ver.
KulturGO! incorpora recreacións 3D, realidade aumentada, vídeos, interactivos e dinámicas que revelan as historias ocultas de cada lugar, monumento e peza de museo.
Espazos esquecidos que reaparecen ante ti, relatos visuais que reviven momentos do pasado e ofrecen aos teus visitantes unha maneira máis clara, atractiva e emocionante de comprender o teu patrimonio, historia e lendas.
Unha tecnoloxía creada para achegar a cultura a todos, de forma accesible, viva e memorable.
KulturGO! incorpora recreacións 3D, realidade aumentada, vídeos e interactivos que revelan as historias ocultas de cada lugar, monumento e peza de museo.
Unha tecnoloxía creada para achegar a cultura a todos, de forma accesible, viva e memorable.
Con KulturGO! podes crear, editar e actualizar as túas rutas, puntos de interese e contidos desde unha única plataforma. Engade textos, imaxes, audios, vídeos e enlaces de forma sinxela e rápida.
Un xestor centralizado, áxil e intuitivo, instalado nos teus servidores. Todo o control é teu: Non dependes de terceiros nin pagas subscricións. Ti xestionarás o teu propio proxecto cultural.
E se queres engadir contidos máis complexos aos teus percorridos ou puntos de interese, conta connosco para desenvolver recreacións 3D, realidade aumentada, interactivos, animacións ou 360º.
Sen cotas. Sen limitacións.
Con KulturGO! Podes crear, editar e actualizar as túas rutas, puntos de interese e contidos desde unha única plataforma. Engade textos, imaxes, audios, vídeos e enlaces de forma sinxela e rápida. Soporta recreacións 3D, realidade aumentada, interactivos, imaxes 360º e moito máis.
Centralizado, áxil e intuitivo, instalado nos teus servidores. Todo o control é teu. Ti xestionas o teu propio proxecto cultural. Sen subscricións. Sen limitacións.
KulturGO! combina as principais tecnoloxías para crear experiencias chamativas e funcionais.
KulturGO! combina as principais tecnoloxías.
Todo desde o móbil do visitante. Todo baixo control.
Gamifica os teus contidos turísticos e culturais. Eleva a experiencia.
Converte o teu patrimonio nunha aventura interactiva.
Creamos historias baseadas nos teus contidos, con personaxes memorables, retos e misterios.
Todo o que ofrece o teu espazo, desde un punto de vista diferente, educativo e moi divertido.
KulturPLAY! combina narrativa, xogo e tecnoloxía para que xente nova, familias e visitantes se impliquen como nunca.
Converte o teu patrimonio nunha aventura. Historias con personaxes, retos e misterios. KulturPLAY! combina narrativa, xogo e tecnoloxía para que se impliquen como nunca.
KulturPLAY! videoxogos e ferramentas avanzadas para crear experiencias inmersivas e divulgativas.
O patrimonio de sempre, como nunca antes.
Usamos cookies e outras técnicas de medición para analizar o tráfico da nosa web, comprender de onde chegan os nosos visitantes e mellorar a túa experiencia de navegación. Podes aceptar ou rexeitar o seu uso.